InicioOpiniónDía 41 de corentena: os sorrisos da rapazada

Día 41 de corentena: os sorrisos da rapazada

"Traballadores de Protección Civil apareceron nunha casa cun disfrace de 'Transformer' para felicitar un neno. Imaxinádevos a súa cara..."

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Un dos colectivos que está facendo moitas horas extras, e algunhas delas pensando nos cativos, é Protección Civil. Ademais das súas funcións xa coñecidas de reparto de máscaras, alimentos e medicinas para xente con necesidades especiais, tamén están dedicándolle tempo a eles. Hai concellos nos que, como no caso comentado da policía local, van polas casas felicitando aniversarios e levando agasallos.

Un exemplo é o Concello de Sober, onde os traballadores de Protección Civil son xa como os ‘Reis fóra de tempada’. Ademais de levarlles máscaras ilustradas e agasallos aos pequenos, aparecen con outras sorpresas… Esta semana apareceron nunha casa da Airexa de Gundivós cun ‘Transformer’. Si, si, nada máis e nada menos que cun ‘Transformer’. Aproveitando a felicitación dun aniversario, un veciño acompañounos co disfrace de ‘Transformer’, imaxinádevos a cara do rapaz.

Podes ler o artigo completo de X.M.F.  no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...