Home A Ulloa Lugo xa roza os 650 positivos por coronavirus, con 21 casos activos máis

Lugo xa roza os 650 positivos por coronavirus, con 21 casos activos máis

0
Lugo xa roza os 650 positivos por coronavirus, con 21 casos activos máis
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 24 de abril un total de 647 casos activos por coronavirus, o que supón un incremento de 21 respecto da xornada de onte, cando había 627. Segundo datos da Consellería de Sanidade, aumentan os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (+1 no HULA), pero segue baixando a presión nas plantas de hospitalización, con 24 doentes (-2).

Os 21 novos casos detectados correspóndense cos 21 pacientes que engrosaron a listaxe de persoas que contan con atención hospitalaria a domicilio. En total, hai 615 persoas contaxiadas que permanecen nas súas casas.

Mantéñense invariables a cifra de altas (128) e a de falecementos (26) rexistrados ata o día de hoxe.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública de la Consellería de Sanidade informa tamén de que o número de persoas contaxiadas en Galicia aumenta en 57, ata os 6.704 casos. O incremento das altas tramitadas case supera a variación dos casos activos, e é que xa se recuperaron 1.730 persoas (+54 respecto do xoves). As mortes están a piques de alcanzar as 500, con 498 pacientes finados.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here