InicioOpiniónDía 35 de corentena: quedaranos o medo no corpo?

Día 35 de corentena: quedaranos o medo no corpo?

Se cadra o de non dar a man nin dous bicos ou non achegarse ás persoas xa se converteu nun acto reflexo. Igual que pechar os ollos cando nos tiran auga. Estariamos ante unha modificación colectiva e sustancial do comportamento. Case que unha mutación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | Aínda que faltan algúns días para que se levante o confinamento -días que van ser duros polo bon tempo que nalgún momento virá-, convén ir pensando no que imos facer despois. Non me refiro á depuración de responsabilidades, ás medidas económicas a tomar, á reformulación das canles de abastecemento ou á política industrial que debamos seguir. Máis que nada porque todo iso escapa ao poder de decisión dos veciños da Ribeira Sacra. Tampouco falo do cambio de hábitos e modos de vida que se reclama dende múltiples foros porque eso xa é decisión de cada quen.

A cuestión é como imos romper as rutinas que nos creou o tempo que pasamos pechados na casa. As negativas, como comer e beber de máis, e as positivas como facer exercicio a determinadas horas. Serán as nosas relacións sociais iguais ca antes? Frecuentaremos os mesmos lugares? Quedará para sempre un poso de medo na nosa cabeza? Esperemos que todo volva ser máis ou menos como era, pero parece difícil.

Se cadra o de non dar a man nin dous bicos ou non achegarse ás persoas xa se converteu nun acto reflexo. Igual que pechar os ollos cando nos tiran auga. Estariamos ante unha modificación colectiva e sustancial do comportamento. Case que unha mutación.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...