InicioOpiniónDía 30 de corentena: 'o que garda sempre ten', pero... quen ten?

Día 30 de corentena: ‘o que garda sempre ten’, pero… quen ten?

Son momentos difíciles no económico, e máis que poden ser pola incerteza que eclipsa calquera asomo de optimismo. Falo co director do Circo Nevada, ancorado na capital da Ribeira Sacra por mor do coronavirus, que me fala da situación límite na que se atopan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Os consellos que me deron os meus pais referidos á economía doméstica como “o que garda sempre ten” ou “hai que gardar das risas para as choras”, tiveron certa resistencia pola miña parte pero agora agradezo telos incorporado na miña vida. Ter algo arrimado para non pasar apuros económicos que levan a un polo camiño da desesperanza e do medo creo que me axudarán a resistir mellor nesta crise.

Por iso, cando agora atopo xente -moita máis da que nos podemos imaxinar polo ‘irreal ritmo de vida que levan algúns’- que está empezando xa a ter dificultades económicas serias despois de transcorrido un mes de confinamento, ás veces non o entendo. Supoño que é o que ten vivir ao día. Ben porque se gasta máis do que dá o peto ou ben porque o pouco que se gana non dá para moito máis. Chegados a este punto, primeiro preséntase a inseguridade e despois aparece o medo e a desesperación.

Nesta situación atópase o Circo Nevada, de Talayuela, provincia de Cáceres. Chegaron a Monforte o día 10 de marzo e empapelaron a cidade con carteis, pero a primeira función, programada para o 13 de marzo, xa non se puido facer.

Podes ler o artigo completo de X.M.F no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...