InicioSociedadeA Xunta recoñece que pode repetirse maltrato a anciáns noutras residencias tras...

A Xunta recoñece que pode repetirse maltrato a anciáns noutras residencias tras o acontecido na Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, volveu defender o sistema de residencias públicas e privadas de Galicia, aínda que confirmou este domingo a intervención por parte da Xunta da residencia privada A nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras (Ourense), ante o elevado número de contaxios por coronavirus rexistrado.

Tamén salou obre a residencia privada da Fonsagrada (Lugo) pechada pola Xunta ao constatar as malas condicións dos anciáns, unha situación que partiu de informe emitido polos servizos sociais do municipio que sinalaba dunha posible situación de malos tratos.

Preguntado sobre se isto pode ocorrer en máis centros, recoñeceu que “desgraciadamente” si: “Se non se puidese repetir, non tería pasado”. Ao fío diso, valorou que a Consellería “puxo en coñecemento de Fiscalía eses feitos” porque “non poden permitir deixamento e malos tratos” a persoas da terceira idade. Toda a información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...