Home Sociedade Os consellos dunha pediatra embarazada que superou o Covid-19: “Hai que evitar riscos”

Os consellos dunha pediatra embarazada que superou o Covid-19: “Hai que evitar riscos”

0
Os consellos dunha pediatra embarazada que superou o Covid-19: “Hai que evitar riscos”
Embaraza coa ecografía do seu bebé tras superar o coronavirus. REMITIDA A EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Esta semana unha pediatra embarazada da área sanitaria da Coruña, que prefire non dar o seu nome, coñeceu que superara o COVID-19. Acudiu co seu marido, tamén médico, a facerse o test rápido sen saír do coche no punto instalado nas inmediacións do Hospital Materno-Infantil da Coruña, unha proba que lle confirmou que superou a infección que lle detectaron o pasado 19 de marzo, cando se atopaba na semana 12 de xestación.

Esta facultativa, que lembra que o Ministerio de Sanidade incluíu ás embarazadas entre a poboación de risco, apela ás gestantes galegas a “evitar riscos”. “É un virus novo e non se poden facer afirmacións contundentes“, recoñece nunha entrevista concedida a Europa Press esta pediatra que, con todo, chama á “calma” e lembra que os casos “excepcionais” son os que adquiren “un maior protagonismo” nos medios. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here