InicioSociedadeConfirmado o primeiro positivo por coronavirus na residencia San Vitorio de Baralla

Confirmado o primeiro positivo por coronavirus na residencia San Vitorio de Baralla

A persoa con COVID-19 traballa neste centro de titularidade privada. No conxunto da provincia, Política Social confirma 36 casos activos nas residencias de maiores e outros 33 nos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Política Social confirmou este mércores o primeiro positivo entre o cadro de persoal da Residencia San Vitorio, en Baralla. Trátase dun centro de titularidade privada xestionado pola empresa Fundación San Rosendo.

Dita compañía ocúpase dunha morea de centros de atención a maiores e persoas con discapacidade en Galicia. Entre eles, xestiona algunhas das residencias con maior número de positivos por COVID-19, como é o caso da residencia Nosa Señora da Esperanza, en Ourense (141 infectados) ou a Divino Maestro, tamén nesa provincia (54 contaxiados).

DATOS PARA A PROVINCIA

No que respecta ao conxunto de Lugo, a última actualización de datos ofrecidos pola Xunta xa contabiliza 36 casos activos nas residencias de maiores (15 usuarios e 21 anciáns). Os focos máis importantes localízanse na residencia de maiores de Foz (con doce positivos) e na DomusVi de Monforte, onde hai sete persoas infectadas.

Ademais, tamén hai casos activos por coronavirus nas residencias de Castro Ribeiras de Lea (3), DomusVi de Chantada (1), na Betania de Viveiro (3), na Vivenda Avime de Cospeito (2), no Mirador do Eo en Ribadeo (2), na residencia de Burela (2), na das Gándaras e na da Milagrosa en Lugo (1 en cada unha) e na San Rafael de Mondoñedo (1).

En canto aos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade, a Xunta informa de trece positivos entre os usuarios e outros 20 entre os traballadores.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...