InicioMedioambiente e PatrimonioOs lucenses soñan con visitar o seu #LugoFavorito tras o confinamento

Os lucenses soñan con visitar o seu #LugoFavorito tras o confinamento

O guía de turismo Guido Álvarez lanzou unha proposta nas redes sociais para compartir por escrito as lembranzas dos sitios máis apreciados por cadaquén dentro da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Son días para viaxar polos recordos e para deixar voar a nosa imaxinación a eses lugares aos que iremos cando todo isto pase”, escribía a semana pasada o guía de turismo Guido Álvarez Parga nas súas redes sociais. Con este texto daba comezo a unha nova iniciativa para poñer en valor a cidade das murallas. Desta vez, a súa proposta baseábase en aproveitar a corentena para compartir por escrito lembranzas do #LugoFavorito de cadaquén.

A idea de Guido Álvarez é a de xuntar unha morea de textos escritos a man —sen fotos— nos que a veciñanza de Lugo saque a súa “vea creativa” para aportar memorias sobre “a beleza” da cidade. Nos últimos sete días, sumáronse á iniciativa máis de 100 persoas en Twitter, Facebook ou Instagram. Entre elas, tamén algúns políticos lucenses como Óscar Poy, Paula Alvarellos ou Antonio Ameijide.

Como broche final, organizarase un paseo guiado por todos eses lugares favoritos que se foron compartindo na rede. Mesmo queda no aire a posibilidade de artellar unha exposición  ou publicar un libro para darlles saída a eses textos. Iso será cando “todo isto” pase. Mentres, toca soñar co exterior.

+ posts

ÚLTIMAS

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

O PP reunirase a semana que vén con Vilalba Aberta e BNG para buscar “un goberno alternativo”

O Partido Popular manterá a vindeira semana encontros con Vilalba Aberta e BNG a...

O acusado polo atropelo do ancián de Abadín declarará o luns, mentres continúa a procura do corpo

Axentes da Garda Civil e especialistas de distintas materias continúan buscando restos do cadáver...

O PP de Lugo non participará nos actos de feminismo e humor “mentres PSOE e BNG sigan branqueando a José Tomé”

Os deputados do Grupo Provincial Popular anunciaron hoxe que non participarán dos actos programados...