Home Lugo e contorna Lugo Lugo ofrece hoteis para servir de hospitais aínda que hai dificultades para atopalos preto de hospitais

Lugo ofrece hoteis para servir de hospitais aínda que hai dificultades para atopalos preto de hospitais

0
Lugo ofrece hoteis para servir de hospitais aínda que hai dificultades para atopalos preto de hospitais
Camas dun hospital | AXM

Os hoteis galegos están a organizarse ante a posibilidade de converter algúns deles en hospitais e explican que xa se conta con alternativas en Lugo, Santiago, Vigo e Pontevedra, aos que proximamente se sumarán outras cidades.

E é que, a petición da Consellería de Cultura e Turismo, e en contacto coa Consellería de Sanidade, desde o Clúster de Turismo e as distintas asociacións provinciais solicitáronse datos, e séguese facendo, para tratar de determinar que hoteis poden adaptarse ás necesidades xeradas polo coronavirus.

Neste sentido, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, José Francisco Real, sinalou que solicitaron á Xunta unha petición por escrito, pero que no contacto telefónico realizado a distintos hoteis trasladáronlles a súa disposición a adaptarse ás necesidades que vaian xurdindo.

“É máis difícil que estean preto do hospital“, recoñeceu polo feito de que a maioría estean no centro da cidade. Con todo, manifestou que “tres ou catro” poderían formar parte da iniciativa se se considera necesario. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here