InicioSociedadeA Policía de Lugo denuncia dez infraccións por vulnerar as restriccións

A Policía de Lugo denuncia dez infraccións por vulnerar as restriccións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía local de Lugo denunciou que na pasada xornada se levantaron dez actas de infracción por vulnerar restricións derivadas do estado de alarma decretado por mor da crise sanitaria do coronavirus.

En concreto, estas infraccións contra a Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá poden levar aparellada unha sanción de entre 601 a 30.000 euros.

Este mércores, 18 de marzo, por parte de efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio, fixáronse diferentes dispositivos fixos e móbiles nas vías públicas da cidade para comprobar e, no seu caso, impedir que leven a cabo actividades suspendidas, ademais de velar polo cumprimento das limitacións de circulación.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...