InicioSociedadeChamar por teléfono aos nosos maiores, esencial na atención da crise sanitaria

Chamar por teléfono aos nosos maiores, esencial na atención da crise sanitaria

Cruz Vermella ponse en contacto con unhas 3.400 persoas da terceira idade na nosa provincia. Son poboación de risco, pero precisan estar informados e sentirse atendidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As persoas da terceira idade están consideradas poboación de risco nesta crise do coronavirus. Por iso, reducir as visitas ao máximo é moi importante para evitar posibles contaxios que poñan en perigo a súa saúde. Mais tamén é esencial que teñan contacto co exterior, que estean informados e que se sintan atendidos. Cruz Vermella puxo en marcha unha campaña neste senso, na que unha morea de voluntarios telefonean a uns 3.400 maiores en toda a provincia para interesarse polo seu estado e ofrecer axuda.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...