InicioSociedadeConfirman un positivo por coronavirus entre o alumnado da Facultade de ADE...

Confirman un positivo por coronavirus entre o alumnado da Facultade de ADE en Lugo

A Facultade alertou da situación a todo o estudantado e persoal laboral a través dun correo electrónico co fin de que poidan seguir as medidas de precaución axeitadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Confirmado un novo caso de coronavirus na provincia de Lugo. Trátase dun alumno da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) no Campus Terra da USC. A propia universidade alertou o estudantado e o persoal laboral desta situación, logo de que a Delegación de Sanidade lles trasladase a confirmación.

A Facultade detallou, vía correo electrónico, as materias nas que está matriculado a persoa contaxiada, que acudiu a clase ata este mércores 11 de marzo. Así mesmo, tamén se informa da súa participación nun acto celebrado no centro co gallo do Día da Muller.

“Calquera alumno/a, profesor/a e PAS desta Facultade puidemos estar en contacto coa persoa afectada”, advirten. Por iso, piden que se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar unha maior propagación do virus e estar atentos ante posibles síntomas.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...