InicioDeportesO Ensino refórzase coa ala-pívot Atonye Nyingifa

O Ensino refórzase coa ala-pívot Atonye Nyingifa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ensino Lugo Club Baloncesto anunciou a contratación da ala-pívot Atonye Jennifer Nyingifa. Nyingifa, de 27 anos e 1.80 metros de estatura, é estadounidense con pasaporte nixeriano e procede do Hapoel Rishon Le-Zion israelí, competión onde xogou as últimas catro tempadas. Previamente, formouse na prestixiosa universidade de UCLA. Non foi drafteada na WNBA.

En 2017, gañou o Afrobasket con Nixeria cunha media de 9.1 puntos, 4.9 rebotes e 2.8 asistencias por encontro. Na final, impúxose a Senegal, onde xogaba a súa futura compañeira no Ensino, Astou Traoré.

Onte, o Ensino confirmou que xa está inscrito en Liga Día, máxima categoría do baloncesto feminino español. 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...