InicioSociedadeEstudantes da Facultade de Profesorado levan "mes e medio" agardando pola substitución...

Estudantes da Facultade de Profesorado levan “mes e medio” agardando pola substitución dun docente

Alumnas e alumnos do 2º curso do Grao de Educación Infantil convocan unha manifestación para este xoves 5 de marzo, ás 12.00 horas da mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alumnas e alumnos do Grao en Educación Infantil no Campus de Lugo realizarán unha concentración este xoves 5 de marzo para denunciar que levan mes e medio agardando pola substitución dun profesor que está de baixa.

A protesta, que está convocada para as 12:00 horas na porta da Facultade, busca poñer solución a unha situación que afecta ao estudantado de 2º curso. Segundo aseguran, levan dende inicio do segundo cuadrimestre sen docente na materia de Organización e Xestión do Centro Escolar. Non é algo novo para eles, porque tamén na primeira metade do curso pasaron un mes sen docente en dúas materias.

“Isto suporíanos cursar dita materia para o curso seguinte“, explican. Se os créditos correspondentes a esta materia non figuran como cursados, tamén temen perder a cuantía económica ligada á bolsa de estudos. “Iso é algo que nos preocupa moito polo feito de que a maioría de nós estudamos grazas a ela”, lembran.

“Fartos do pouco compromiso que ten a USC cos seus alumnos”, decidiron convocar dita protesta durante a mañá deste xoves. “Que todo o mundo saiba o que hai detrás desa calidade educativa da que falan”, advirten.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...