InicioSociedadeCando falar en galego namora as rusas

Cando falar en galego namora as rusas

"Falar galego é un superpoder, a mellor estratexia para ligar!", di a lingüista rusa Ekaterina Yakovleva.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ela naceu en Rusia, na cidade de San Petersburgo, pero pasou parte da súa infancia en Crimea. Apaixoada polas culturas célticas, axiña deu no mapa con Galicia. De feito, antes de viaxar aquí e coñecer o país de primeira man, ela xa aprendera o galego durante ben tempo na propia Rusia. “Tiña clases preto da miña casa de catalán os sábados e de galego os mércores. E dixen: ‘Buf! Os sábados non vou!'”, conta a risas. Así que, por fortuna para nós, quedou co galego. Pouco a pouco e grazas á súa profesora, foise achegando á cultura que rodeaba toda aquela lingua que tanto prendía dela.

Non me chamaba a atención esa España que me mostraban na tele, de flamenco e touradas, pero cando me dixeron que había un sitio onde eu podía casar o meu coñecemento e cuxa cultura era diferente, encantoume e decidín vir”. A primeira vez que pisou esta terra foi hai seis anos, cando veu para facer un curso de galego de verán. Conta que dende o primeiro día que chegou a Santiago soubo que ía quedar aquí. “Xa tiña a sensación de que estaba na casa”. E así que coma quen non quere a cousa, foi parando por estes lares. Ekaterina, que é tradutora e intérprete, fixo aquí o máster e agora anda na busca de traballo. Podes ler toda a entrevista no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...