InicioEconomíaLugo é a provincia española que máis terras agrícolas vai perder nos...

Lugo é a provincia española que máis terras agrícolas vai perder nos próximos dez anos

Un informe científico revela que Galicia será a comunidade máis prexudicada por esta tendencia. A provincia lucense lidera o abandono das terras agrícolas, cun 44'2%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo será a provincia máis afectada polo abandono de terras agrícolas de aquí ao 2030, tanto en termos absolutos como porcentuais, segundo un estudo de investigadores do Centro Común de Investigación (Joint Research Centre – JRC) da Comisión Europea e do Departamento de Enxeñería  Cartográfica, Xeodesia e Fotogrametría da Universidade Politécnica de Valencia.

“Sobre a base das expectativas de abandono máis altas, é posible distinguir dous grupos claros en España: noroeste e norte, e sueste de España”, resumen os autores do estudo, no que “se confirma que se espera que Galicia enfronte os maiores desafíos en España”. Dentro diso, Lugo sería a provincia máis prexudicada, “con case 80 mil hectáreas de terra abandonada, seguida da Coruña e Ourense”.

As catro provincias galegas sitúanse entre as cinco máis afectadas en termos porcentuais de abandono sobre a total da área agrícola utilizada, lideradas por Lugo, co 44,2 %, seguida da Coruña (41,9 %) e Ourense (30,2 %). En cuarto lugar está Guipúscoa (29 %) e no quinto posto, Pontevedra (25,9 %).

OS MOTIVOS

Os científicos describen a zona analizada en Lugo como territorios onde “a paisaxe  intercala terras agrícolas moi diversas xunto con bosques frondosos e abundantes áreas con vexetación, principalmente debido ao seu clima oceánico húmido”. É nesta diversidade xeográfica onde atopan “a combinación de diferentes categorías de risco (baixo-moderado-alto) de abandono, sendo considerada unha área totalmente en perigo de abandono”, alertan.

A isto engaden unha “acumulación de factores  biofísicos diseminados nalgúns lugares (pendente superior ao 15-30%, baixa profundidade do chan) que poderían aumentar localmente o risco de abandono”.  Consideran, ademais, que se trata dunha provincia que se caracteriza por “unha baixa estabilidade e viabilidade para previr o abandono de terras agrícolas, de acordo coas variables económicas e estruturais” destas.

Podes ler a reportaxe completa de Alberto Quián no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...