InicioCulturaA escritora Antía Yáñez recibe este sábado en Vilalba o Premio Agustín...

A escritora Antía Yáñez recibe este sábado en Vilalba o Premio Agustín Fernández Paz

A súa obra 'Plan de rescate' foi a vencedora nestes premios de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O acto está organizado por Edicións Xerais, o Concello de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A escritora burelá Antía Yáñez recibirá este sábado, 1 de febreiro, en Vilalba, o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O acto de entrega, previsto para as 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais.

A obra ‘Plan de rescate’ valeulle a Antía Yáñez este recoñecemento na terceira convocatoria dos Premios Agustín Fernández Paz. Para entregarlle o premio, artellarase un acto cheo de música, poesía e teatro. Carmen Hermida será quen presente o evento, no que tamén intervirán a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro; a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o director de Xerais, Fran Alonso; e o membro do xurado Manuel Bragado.

“HUMOR E IRONÍA”

O tribunal destacara o “humor e ironía” de ‘Plan de rescate’, unha obra protagonizada por Noela, unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas. A historia está ambientada na escola, onde varios compañeiros e compañeiras se verán inmersos nunha “inesperada operación de rescate”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...