InicioSucesosAs instalacións deportivas de Lugo terán cámaras de vixilancia para frear o...

As instalacións deportivas de Lugo terán cámaras de vixilancia para frear o vandalismo

Con esta medida pretenden "disuadir" os ataques sufridos nos últimos meses no Pavillón Municipal, no Pombal ou nas Gándaras, onde resultaron danadas varias máquinas expendedoras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo instalará cámaras de vixilancia nas instalacións deportivas municipais para frear os ataques vandálicos que se sufriron nos últimos meses.

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, anunciaba esta mañá que os dispositivos de seguridade serán montados nos próximos días. Irán conectados á central receptora de alarmas, dende a que se dará aviso á Policía. É unha medida coa que tratan de “disuadir” os incidentes producidos en varios polideportivos da cidade e “que remataron con importantes danos nos inmobles e nas máquinas de vending“.

O último destes ataques tivo lugar o pasado 30 de novembro, cando resultaron danadas tres máquinas expendedoras no Pavillón Municipal dos Deportes, dúas nos polideportivos do Pombal e outras dúas no campo de fútbol das Gándaras. “Ademais dun prexuízo para os usuarios dos centros, estas condutas delitivas implican perdas económicas para a empresa que explota a ocupación de dominio público desas máquinas”, lamentou o edil Miguel Fernández.

Segundo explicou, a Xunta de Goberno desta mañá autorizou, excepcionalmente, a retirada temporal das expendedoras para poder reparalas. “Será só mentres se instala a videovixilancia, un tempo non superior a un mes, durante o cal se realizará tamén a redución prorrateada do canon que abonan ao Concello (661€ anuais por cada unha)”, engadiu o concelleiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...