InicioCulturaA Deputación homenaxeará a Benedicta Sánchez tras conseguir o Premio Goya

A Deputación homenaxeará a Benedicta Sánchez tras conseguir o Premio Goya

"Puxo cara ás mulleres rurais galegas, á súa fortaleza e saber estar", subliñou a vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoverá un acto de homenaxe a Benedicta Sánchez, actriz do Corgo que vén de conseguir o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación polo seu papel en ‘O que arde’.

O seu debut na gran pantalla valeulle o recoñecemento da Academia do Cine Español. Na película de Óliver Laxe, Benedicta Sánchez interpreta a nai dun pirómano que volve á casa tras saír do cárcere. “Benedicta puxo cara ás mulleres rurais galegas, á súa fortaleza e saber estar”, subliñou a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro.

Con este acto, aínda por determinar, a Vicepresidencia quere parabenizar a esta veciña do Corgo que xa fixo historia canda ‘O que arde’: é a película en galego máis vista en salas, ademais de ser o primeiro filme no noso idioma que foi recoñecido no Festival de Cannes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...