InicioSociedadeReclaman un grupo electróxeno para o PAC de Palas ante o risco...

Reclaman un grupo electróxeno para o PAC de Palas ante o risco de volver quedar sen enerxía eléctrica

O PSOE municipal levará a pleno a demanda deste material ao Sergas, logo de que este centro de saúde pasara varias horas sen electricidade por causa dun temporal no mes de decembro. "Esta anomalía non pode darse nun centro onde se atenden problemas de saúde urxentes", lamentan. "Por non haber, non había nin auga".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Palas de Rei levará a pleno unha moción para reclamarlle ao Sergas a instalación urxente dun grupo electróxeno no PAC (Punto de Atención Continuada) para suplir os cortes de enerxía eléctrica. Farao así tras as incidencias ocorridas durante o temporal do pasado decembro, cando o centro quedou sen electricidade durante varias horas.

O voceiro socialista no concello, Horacio Rouco, explicou que o PAC estivo sen enerxía eléctrica durante o sábado 21 e parte do domingo 22 de decembro. “Esta anomalía non pode darse nun centro onde se atenden problemas de saúde, neste caso urxentes. O persoal sanitario ten que acceder ás historias clínicas dixitalizadas, dispoñer do carro de paradas cardíacas con desfibrilador…”, exemplificou. “Por non haber, non había nin auga“, xa que o centro unicamente dispón de auga bombeada por un depósito.

Rouco sinala que “un PAC ou Centro de Saúde non pode carecer dun sistema automático que xere electricidade no suposto de que se produzan avarías na rede”, coma as do pasado mes. Por iso, cre que a Consellería de Sanidade debe responsabilizarse de proporcionar subministro eléctrico permanente mediante un grupo electróxeno. Do contrario, “parece evidente que a atención primaria de saúde e as urxencias extra-hospitalarias non son unha prioridade para o goberno do PP de Feijóo”, a quen acusa de recortar o persoal e a dotación de material para os centros.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...