InicioMedioambiente e PatrimonioA Vía Künig xa está sinalizada nos concellos das Nogais, Becerreá, Baralla...

A Vía Künig xa está sinalizada nos concellos das Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo

Estes catro municipios contaron co apoio da Xunta para instalar paneis informativos e fitos de madeira ao longo do trazado desta ruta xacobea alternativa ao Camiño Francés.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concellos das Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo xa contan con sinalización turística para a Vía Künig, unha variante do Camiño Francés que atravesa estes catro concellos lugueses.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, estivo hoxe nas Nogais acompañado por representantes dos municipios promotores para comprobar a execución desta actuación, que contou co cofinanciamento da Administración galega a través da orde de axudas para a mellora de infraestruturas turísticas no medio rural. En concreto, a Consellería de Cultura e Turismo apoiou este proxecto con 45.000 euros.

O plan incluíu a colocación de 165 fitos de madeira, 19 paneis informativos en aluminio e seis sinais direccionais, de acordo co manual de homologación de sendeiros da Federación Galega de Montañismo.

A iniciativa trata de poñer en valor esta ruta e mellorar ademais a información aos visitantes a través da identificación dos principais recursos turísticos e culturais que poden atopar ao longo do percorrido.

QUE É A VÍA KÜNIG?

A vía Künig é unha ruta alternativa ao Camiño Francés orixinal, que se desviaría xusto antes de entrar na provincia para así evitar a complicada orografía do Alto do Poio e Pedrafita. Á súa chegada a Lugo, enlaza co Camiño Primitivo ata Melide, onde se reúne co Francés.

Gómez Vila: “Non hai ningunha montaxe, a Vía Künig funcionou na Idade Media”

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...