InicioEconomíaWorkshops en Lugo para facer medrar a túa empresa fóra do país

Workshops en Lugo para facer medrar a túa empresa fóra do país

Os talleres contarán con representantes de empresas da provincia con experiencia en exportación como Grupo Leche Río, Torre de Núñez ou Vinigalicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza esta semana, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, dúas workshops ou talleres de traballo que, baixo o título “Exportar: como comezar e ferramentas para crecer”, buscan proporcionar ferramentas de mellora da súa posición en mercados exteriores para as pemes lucenses.

Os talleres celebraranse en Lugo (na sede da CEL) o 19 de decembro e en Monforte (Centro Cívico no Paseo do Malecón) o venres 30, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Contarán para a súa impartición con ponentes dunha consultora especializada en internacionalización, así como con representantes de empresas da provincia con experiencia en exportación. Ademais de comentar a actividade exportadora das empresas de Lugo, analizaranse as diferentes ferramentas e apoios públicos que existen para impulsar a internacionalización así como dos Incoterms 2020.

De carácter práctico e intensivo, diríxense preferentemente a empresarios, emprendedores e responsables de áreas de comercio exterior das empresas, aínda que poden resultar tamén de interese para estudantes de ramas de formación profesional e graos universitarios relacionados coa economía e a empresa, e público en xeral. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse chamando ao 982 23 11 50 ou na web da CEL www.cel.es.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...