InicioSucesosUn ferido tras chocar unha furgoneta e un camión en Portomarín

Un ferido tras chocar unha furgoneta e un camión en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dunha furgoneta resultou ferido esta mañá como consecuencia dun accidente que se produciu no municipio de Portomarín, ao chocar o seu vehículo cun camión.

Segundo informaron fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o sinistro produciuse ás 08:18 horas, á altura do quilómetro 27 da estrada Nacional 540, cando a furgoneta que conducía o ferido impactou contra un camión de pequeno tamaño.

A persoa ferida foi evacuada por persoal de emerxencias á PAC de Guntín, dado que aparentemente as súas lesións non revestían gravidade. A Garda Civil investiga as causas deste accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...