InicioSucesosAparatoso accidente frontal con dous feridos en Lugo

Aparatoso accidente frontal con dous feridos en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas á primeira hora desta mañá nun aparatoso accidente de circulación que se produciu como consecuencia da colisión frontal entre dous turismos na estrada Nacional VI ao seu paso polo municipio de Lugo.

Segundo informaron a Cope Lugo fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), o accidente produciuse ás 06:41 horas, por causas que aínda se descoñecen, no quilómetro 500 da estrada Nacional VI, á altura do Balneario de Lugo.

Para auxiliar ás vítimas, o 112 mobilizou aos Bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico, ao 061 e á Policía Local, así como a persoal de mantemento da propia estrada. Fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo informaron de que, aparentemente, as lesións das dúas persoas feridas non eran graves, aínda que ambas foron evacuadas ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...