InicioTerra CháGuitirizDetido por roubar un móbil de máis de 1.000 euros a unha...

Detido por roubar un móbil de máis de 1.000 euros a unha amiga na súa casa

Outros dous detidos plo roubo dunha furgoneta e un turismo en Lugo e Guitiriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un mozo de 28 anos, veciño de Lugo, por roubarlle a unha amiga súa un móbil de alta gama, valorado en máis de 1.000 euros, cando estaba de convidado na súa propia casa.

Segundo informou a Comisaría Provincial, os feitos sucederon cando a denunciante, que acababa de comprarse “un terminal de telefonía de última xeración”, valorado en 1.080 euros, recibiu a visita dun “amigo no seu domicilio”.

Tras “deixalo só” para ir á cociña da vivenda, o seu “amigo” ausentouse do domicilio e ela botou entón a faltar o seu novo teléfono móbil. Por iso, presentouse nas dependencias policiais para denunciar os feitos.

Despois de completar a correspondente investigación, os axentes encargados do caso procederon á detención do suposto autor do furto, que tras prestar declaración en Comisaría quedou ao dispor da autoridade xudicial”.

ROUBO DE VEHÍCULOS

Por outra banda, unha investigación desenvolta por axentes da Garda Civil do Posto Principal de Arteixo (A Coruña) e do posto de Guitiriz (Lugo) permitiu a detención dun veciño de Laracha e outro de Arteixo como supostos autores do roubo dunha furgoneta na capital lucense, que logo abandonaron no termo municipal de Guitiriz ao quedar sen combustible.

Segundo informou a propia Benemérita, os feitos sucederon entre os días 4 e 5 de outubro, cando ambos os detidos supostamente furtaron unha furgoneta en Lugo e deixárona abandonada no municipio de Guitiriz, tras subtraer varios obxectos do seu interior.

Posteriormente, roubaron para continuar o seu camiño un turismo na mesma localidade de Guitiriz.

“O traballo de campo efectuado por ambas as unidades” da Garda Civil permitiu recompilar información e recoller “vestixios” na furgoneta abandonada que, “tras unha meticulosa análise por parte da área de Investigación de Arteixo”, levou á “identificación plena” dos dous supostos ladróns.

Nun rexistro voluntario nos domicilios de ambos os sospeitosos, os investigadores localizaron os efectos roubados na furgoneta.

Ambos os dous foron detidos como supostos autores do roubo dos dous vehículos, mentres que os obxectos recuperados foron devoltos ao seu lexítimo dono.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...