InicioSociedadeO PSOE de Abadín denuncia que un só médico atende dúas horas...

O PSOE de Abadín denuncia que un só médico atende dúas horas á semana aos 107 nenos do municipio

Cando está de baixa ou de vacacións, os pais que levar aos seus fillos ao centro de saúde de Vilalba, onde son recibidos a última hora tras finalizar as citas previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Abadín (Lugo) denunciou os 107 nenos e nenas do municipio son atendidos unha vez á semana durante dúas horas por un só médico de familia que, cando está de baixa ou de vacacións, fai que os pais teñan que levar os seus fillos ao centro de saúde de Vilalba, onde son recibidos a última hora tras finalizar as citas previas.

Segundo recolle un comunicado emitido este luns polo PSOE, o portavoz socialista local, Pablo López, lamentou que o rexedor de Abadín, José María López Rancaño, “non abrise a boca para defender os intereses dos seus veciños” durante a reunión mantida a pasada semana por pais do municipio con representantes do Sergas.

“Todos os pais e nais reclamamos maior atención médica e que a consulta sexa atendida por un especialista, é dicir, un pediatra”, incidiu Pablo López, que pon o foco en que esta situación é un exemplo da “discriminación constante dos vecinios do rural e a nula sensibilidade coa atención sanitaria en Abadín”.

“O Goberno de (Alberto Núñez) Feijóo e o alcalde de Abadín son incapaces de dar resposta ás demandas xustas dos nosos veciños para atender aos nosos nenos e nenas”, remarcou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...