InicioSucesosFeridas dúas persoas nun accidente na autovía A-54 en Lugo

Feridas dúas persoas nun accidente na autovía A-54 en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun aparatoso accidente de circulación que se produciu no quilómetro 1 da autovía A-54, que comunica Lugo-Santiago de Compostela.

O accidente produciuse ao redor das oito da mañá, como consecuencia da colisión por alcance de dous turismos, á altura da ligazón da A-54 coa autovía A-6, en sentido Lugo.

O Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE) mobilizou para auxiliar ás vítimas ao 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á agrupación de voluntarios de Protección Civil e a persoal de mantemento.

Despois de recibir os primeiros auxilios no lugar do sinistro, ambos os feridos foron evacuados polo 061 ao HULA, aínda que fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil informaron de que as súas lesións non eran, aparentemente, de gravidade.

Dúas horas despois do sinistro, o persoal de mantemento da vía seguía traballando no punto do accidente para despexar e limpar a calzada.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...