InicioSucesosXulgan en Lugo a dous acusados de falsificar firmas e documentos

Xulgan en Lugo a dous acusados de falsificar firmas e documentos

Facíano para conseguir poderes, prestamos hipotecarios e testamentos dos que se beneficiaban.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolle este martes e mércores o xuízo contra dous acusados de falsificar a firma doutras persoas e documentos para conseguir poderes, prestamos hipotecarios e testamentos dos que se beneficiaban.

No seu escrito de acusación, o Ministerio público asegura que os acusados, R.F.P. e J.G.G. acudiron en varias ocasións a distintas notarías de Sarria, Lugo, Vilalba e Guitiriz para falsificar distintos documentos nos que outras persoas lles outorgaban poderes notariais aos seus nomes.

Entre os prexudicados están o tío dunha da acusada, R.F.P, quen, actuando como apoderada deles, solicitou dous préstamos hipotecarios de 77.000 e 39.000 euros que foron constituídos sobre inmobles propiedade dos prexudicados.

Pola súa banda, o outro acusado, J.G.G., fíxose pasar por unha persoa coa que establecera relacións de negocios para obter un poder especial para realizar xestións relativas a un inmoble a favor da outra acusada. Ademais, tamén utilizou este poder para pedir outra hipoteca por valor de 43.000 euros que foi constituída tamén sobre inmobles propiedade dos tíos da acusada.

Ademais, o ministerio público considera que o acusado J.G.G. fíxose pasar polo tío da outra acusada para redactar un testamento a favor desta.

CINCO ANOS DE CÁRCERE

A Fiscalía asegura que aos dous presuntos autores responsables dun senllos delitos continuados de falsidade en documento mercantil e estafa. Por iso, pide que os acusados sexan condenados a cinco anos de cárcere e a 11 meses de multa cunha cota diaria de 12 euros.

Así mesmo, sinala que todos os poderes deben ser declarados nulos, do mesmo xeito que os prestamos hipotecarios e testamentos outorgados. Ademais, os acusados deberán indemnizar os prestamistas polas cantidades defraudadas.

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...