InicioEconomíaLugo, a provincia galega na que máis medrou o turismo en verán

Lugo, a provincia galega na que máis medrou o turismo en verán

O número de pernoitas aumentou case un 15%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, informou este xoves de que Lugo foi a provincia galega na que máis creceu a demanda turística durante o pasado verán, entre os meses de xullo e agosto, ao incrementarse o número de pernoitas en case un 15%.

Balseiro precisou que tamén aumentou considerablemente o número de viaxeiros aloxados en establecementos da nosa provincia, concretamente nun 17,7% en relación co mesmo período do ano anterior.

Nos establecementos turísticos regulados da provincia de Lugo rexistráronse 211.889 visitantes, que fixeron 412.415 noites nos mesmos, o que fai unha media de dúas pernoitas por turista.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...