InicioDeportesO Lugo asina o seu peor inicio de tempada en casa

O Lugo asina o seu peor inicio de tempada en casa

En seis partidos como local, o equipo sumou tan só cinco puntos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CD Lugo está a asinar o seu peor inicio de tempada en casa, onde o sábado perdeu o seu terceiro encontro como local esta campaña #ante a VDE As Palmas (0-2). En seis partidos como local, o equipo que adestra Eloy Jiménez sumou cinco puntos e, en consecuencia, deixou escapar trece dos dezaoito que puxo en xogo diante da súa afección.

O balance é dunha vitoria (2-0) ante o Fuenlabrada, dous empates (0-0 co Estremadura e 2-2 coa Ponferradina) e tres derrotas (2-4 co Alcorcón, 1-4 co Tenerife e 0-2 coa SD Las Palmas).

Unhas cifras que están próximas aos da tempada pasada, na que, co primeiro dos tres técnicos que tivo, Javi López, rexistrou dúas vitorias e un empate nos seis primeiros partidos diante do seu público.

A derrota no sexto compromiso como local #ante o Cádiz precipitou a destitución do entón técnico branquivermello, que foi substituído por Alberto Monteagudo, ao que substituíu posteriormente Eloy Jiménez.

Os números destas dúas últimas tempadas están lonxe dos que levaba na campaña 2017/18, na que sumou trece do primeiros dezaoito puntos, xa que só deixou escapar un empate e unha derrota.

Ese foi o seu mellor inicio de curso como local empatado cos das tempadas 2015/16, 2013/14 e 2012/13.

Con todo, a única tempada na que o Lugo se mantivo invicto en casa despois de seis partidos xogados foi a 2014/15 (3 vitorias e 3 empates).

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...