InicioLugo e contornaFriolLugo seguirá coa presión sobre os gorrillas pero pide que a Xunta...

Lugo seguirá coa presión sobre os gorrillas pero pide que a Xunta tamén colabore

Quere que o goberno faga gratuíto o aparcamento para evitar estas situacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou de que o Concello, neste caso a través da Policía Local, manterá a presión sobre os gorrillas que están a exercer como aparcacoches ilegais na contorna do HULA, ademais de esixirlle á Xunta de Galicia que rebaixe as tarifas ou faga gratuíto o aparcadoiro público do propio hospital.

Méndez fixo estas declaracións despois de que o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, informase de que ningún dos gorrillas identificados pola Policía Local está a cobrar a Renda de Integración Social de Galicia (Risga), despois de que o Concello de Lugo lle solicitara unha revisión para ver se algún deles estaba a recibir esa prestación.

“Estas oito persoas non son perceptoras da Risga, pois nós seguiremos facendo noso labor de control e de disuasión destas persoas para que non exerzan unha actividade ilícita. Seguiremos facendo o noso traballo”, dixo Méndez aos medios de comunicación. “Se temos identificadas a outras persoas, pasarémoslle novamente a información á Xunta, porque entendemos que se son perceptores da Renda de Integración Social de Galicia hai que facer algo”, dixo.

Tamén anunciou que o Concello de Lugo seguiralle insistindo á Xunta de Galicia que baixe “as tarifas” do aparcadoiro público do HULA, dado que as considera moi elevadas. De feito, afirmou que se o aparcadoiro fose gratuíto, “non estariamos a falar de gorrillas ou se limitaría moito a actuación dos mesmos”.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...