InicioCulturaTodo listo na parroquia de Montecubeiro, en Castroverde, para a III edición...

Todo listo na parroquia de Montecubeiro, en Castroverde, para a III edición de ‘Son Labrego’

PUBLICADA O

- Advertisement -

A parroquia de Montecubeiro, no municipio de Castroverde, será o escenario elixido para a celebración, o vindeiro sábado 21, do III Edición de ‘Son Labrego‘, evento que organiza o Sindicato Labrego Galego coa colaboración do concello.

Así e tras pasar anteriormente por Sarria e Chantada, a terceira edición trasládase a Castroverde baixo o epígrafe ‘Ecofeminismo e monte comunal’. A concelleira de Cultura, Pilar Ferreiro, destacou que a contorna onde se vai a celebrar é “un lugar único e ideal” para coroar todas as actividades programadas para ese día, que van “dirixidas a todo o público”.

A edición deste ano contará cunha mesa debate sobre ‘alternativas produtivas ao noso monte’, sesión vermú, unha foliada e a partir 23.00 horas os concertos de ‘Sacha na Horta’ e ‘Tecor Societario’.

A representante do Sindicato Labrego Galego, Sonia Vidal, valorou que se trata dun evento “consolidado” co que se busca visibilizar o traballo no rural e, nesta ocasión, a “moi importante” labor da muller e o monte comunal. Ademais deste programa, haberá postos de artesanía, comida e bebida nunha zona de acampada, ademais dunha carpa para anticiparse ás continxencias meteorolóxicas que se poidan dar.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...