InicioEconomíaActivase en Lugo unha comisión especial para investigar aos que defraudan á...

Activase en Lugo unha comisión especial para investigar aos que defraudan á Seguridade Social

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Provincial de Lugo do Observatorio para a Loita contra a Fraude na Seguridade Social quedará hoxe formalmente constituída, segundo informou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen aclarou que se trata dun “órgano colexiado, dependente da Tesouraría Xeral” e creado por Orde Ministerial do 5 de xuño de 2019.

Trátase, precisou Isabel Rodríguez en declaracións aos medios de comunicación, dun “foro de participación que ten como obxectivo previr e loitar contra a fraude”, co obxectivo final de “recuperar os recursos que perde o sistema de Seguridade Social por mor dos incumprimentos das súas obrigas”, por parte de quen defraudan, e por condutas irregulares”.

Na comisión participarán representantes dos colectivos empresariais, sindicatos e a propia Administración, en concreto os distintos órganos da Seguridade Social, como o Servizo Xurídico, o Instituto Social da Mariña e a Inspección de Traballo.

Todas as entidades participantes terán a posibilidade nese foro de facer propostas de estudos e análises de datos para a detección de condutas irregulares en materia de afiliación, cotización e recadación, así como sobre a percepción indebida de beneficios e prestacións do sistema.

Tamén coordinará esta comisión plans de actuación en materia de control e inspección, ademais de formular propostas para modificar a normativa, se realmente considérano preciso. Por último, fará un seguimento das análises realizadas, divulgará os informes emitidos e realizará un resumo anual sobre a situación da fraude nese período.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna cun impacto de bala no marco dunha liorta...