InicioCulturaA ‘navalla de Manuel María’ será este ano para o quirogués Xosé...

A ‘navalla de Manuel María’ será este ano para o quirogués Xosé Estévez

Esta tarde celébrase na Terra Chá o tradicional cabodano na honra do intelectual galeguista cun acto que comeza ás 15:00 h. cun xantar de irmandade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como vén sendo tradicional chegado o día 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos organizan unha xornada homenaxe ao senlleiro poeta lucense coincidindo coa data do seu pasamento.

O acto comeza ás 15:00 h. cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, comida na que se puideron apuntar previamente todos aqueles que estiveron interesados/as. A continuación, ás 17:00 h. realizarase un recital poético no emblemático lugar de Penas de Rodas, no seu Outeiro de Rei natal.

Ás 18:00 h. levaráselle unha rosa ao cemiterio da devandita localidade, onde foi enterrado Manuel María, con acompañamento de versos e comunicados. Despois deste momento de dedicatorias farase a ‘Benvida’ co Canto da Irmandade que interpretarán ‘O Carro‘ de Manuel María e Mero.

Rematando a homenaxe, ás 18:30 h. desenvolverase o “rito das navallas” como lembranza deses obxectos persoais que gardaba o intelectual chairego. Este ano recibirá a Navalla de Manuel María o historiador quirogués Xosé Estévez. Fai a entrega Branca Rodríguez e presenta Paco Martín. Xunto coa navalla, Estévez recibirá tamén unha lámina de Eneko.

A entrega da navalla a título póstumo será para Xavier P. Docampo. O encargado de poñela na man da súa familia e darlles tamén unha lámina de Suso Cobeiro será Mero Iglesias.

O acto rematará cun bocado comunal, grolo de irmandade e acompañamento poético e musical.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...