InicioLugo e contornaLugoUn novo capítulo no retraso do auditorio: o Concello di que a...

Un novo capítulo no retraso do auditorio: o Concello di que a Xunta “non responde”

Alcaldía asegura que a conselleira Ángeles Vázquez non contestou á solicitude de convocatoria dunha mesa técnica para a recepción do edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo xustifica o retraso na apertura do auditorio alegando que a Xunta non responde a súa solicitude para convocar unha mesa técnica. Aseguran que esta xuntanza xa foi demandada varias veces; a primeira delas, hai un mes. O obxectivo é aclarar as condicións técnicas das instalacións.

O goberno local lembra que o pasado 24 de xullo enviou unha carta (por correo ordinario e electrónico) á conselleira, Ángeles Vázquez, con motivo de convocar “urxentemente” unha reunión para resolver os asuntos técnicos. É a última fase, din, antes da recepción do auditorio.

O obxectivo da xuntanza é que as persoas que designe a consellería ofrezan aos técnicos do Concello toda a información necesaria para que poidan apoiar as cuestións pendentes que fosen da súa estrita competencia. Ademais, explican que iso tamén aceleraría as verificacións e os informes necesarios para que cando se recepcionen as instalacións veñan coa totalidade de garantías incluídas no proxecto.

Tras máis de quince días sen resposta, dende alcaldía procedeuse a enviar un correo electrónico solicitando de novo que se convocase unha mesa técnica o máis pronto posible para avanzar na recepción das instalacións do novo auditorio. Sosteñen que, a día de hoxe, aínda non recibiron resposta.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...