InicioAncaresBecerreáDetido en Becerreá un condutor por sixtuplicar a taxa de alcol

Detido en Becerreá un condutor por sixtuplicar a taxa de alcol

Someteuse ao condutor a unha proba de alcoholemia, arroxando nun primeiro resultado 1,53 miligramos de alcol por litro aire expirado, sextuplicando a taxa máxima de alcol permitida ao volante.

PUBLICADA O

 A Garda Civil de Lugo imputou en calidade de investigado a un veciño da localidade lucense de Becerreá, de 62 anos, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por sextuplicar a taxa de alcol permitida. Segundo informou a Benemérita, o suceso tivo lugar na estrada N-VI ás 19.40 horas do pasado domingo, día 25.
Axentes da Garda Civil identificaron o condutor dun turismo que estacionara en pleno carril da estrada nacional, nunha curva sen visibilidade, causando un grave perigo de colisión con outros usuarios da vía. Ante esta situación, someteuse ao condutor a unha proba de alcoholemia, arroxando nun primeiro resultado 1,53 miligramos de alcol por litro aire expirado, sextuplicando a taxa máxima de alcol permitida ao volante.
Segundo precisaron os axentes, esta taxa é a máis alta detectada nos últimos anos na comarca dos Ancares. O condutor foi posto ao dispor da Autoridade Xudicial de Becerreá.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...