InicioMedioambiente e PatrimonioMedio Rural cre que o lume de Cervantes comezou nunha casa, dende...

Medio Rural cre que o lume de Cervantes comezou nunha casa, dende onde se estendería ao monte

Calcúlase que o lume afectou unhas quince hectáreas de monte raso, ademais dunha parede dunha vivenda de Padornelo. Está controlado e a Xunta agarda dalo por extinguido en breve.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal iniciado este martes en Cervantes está “controlado e sen chamas” desde onte, polo que espera “dalo por extinguido en breve”. O lume, que afectou unha casa de Padornelo, na parroquia de San Martín de Ribeira, avanzou pola ladeira contigua. Non obstante, Medio Rural aclarou que “non é certo que o lume chegase ás casas, senón que todo parece indicar que empezou nunha delas”, dende onde se estendería cara ao monte.

De feito, a través das imaxes das que dispón Medio Rural, “vese claramente como o vento empuxou as chamas cara ao monte”. Así pois, os efectivos procederon a sufocar primeiro as chamas da contorna das casas, antes de subir cara esoutra zona, onde o incendio logrou “superar un cortalumes”. Calcúlase que o terreo afectado xa alcanza as 15 hectáreas de monte raso, pero non hai que lamentar outros danos físicos ou materiais.

A XUNTA CONGRATÚLASE DA SÚA ACTUACIÓN

Dende a Xunta, coidan que o operativo “funcionou perfectamente”, xa que, segundo explican, tívose coñecemento do incendio ás 16.24 horas de onte e só “14 minutos despois, ás 16.38 horas, as brigadas de extinción xa estaban sobre o terreo”. Aínda que o lume quedou controlado durante a tarde-noite do martes, o persoal da Xunta continúa na zona desenvolvendo os traballos de remate e saneamento “ata que o incendio se dea por extinguido”.

En total, ao longo das últimas horas traballaron na extinción do lume 21 brigadas, 7 axentes, 1 técnico, 11 motobombas e 2 palas da Xunta de Galicia, ademais dun avión anfibio Canadair e un helicóptero Kamov do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Un incendio forestal en Cervantes alcanzou a parede dunha vivenda de Padornelo

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...