InicioEconomíaNovo obradoiro de emprego para a mocidade de Lugo

Novo obradoiro de emprego para a mocidade de Lugo

Estará orientado ao uso das novas tecnoloxías na xestión documental. A Xunta finánciao con 180.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dezaseis mozas e mozos do concello de Lugo poderán formarse nun novo obradoiro de emprego, que estará orientado ao uso das novas tecnoloxías na xestión documental. Esta iniciativa, enmarcada no programa Garantía Xuvenil, conta coa financiación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cunha achega deento de 180.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que este programa ofrecerá formación teórica e práctica e experiencia laboral, cun contrato de traballo, a 16 mozos e mozas desempregados do municipio.  Está previsto que se poña en marcha no mes de setembro e estará orientado á implementación das novas tecnoloxías nos procesos de xestión do Concello de Lugo. En concreto, ofrecerá as especialidades de Xestión documental e arquivo e Dixitalización de documentos.

Entre os traballos que realizará cóntase a descrición, catalogación e dixitalización de fondos documentais do concello, como a serie de “actas capitulares” do século XVIII ou documentos da oficina dos servizos de persoal e estatística e cemiterio do concello de Lugo dende o ano 1940.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...