InicioSociedadeA ocupación hostaleira rozou o 75% na provincia durante o mes de...

A ocupación hostaleira rozou o 75% na provincia durante o mes de xullo

A Ribeira Sacra foi a área con máis visitantes. A maioría dos turistas son doutras comunidades de España, pero está a medrar o público procedente de Corea e China.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo ( Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hostaleira na provincia durante o pasado mes de xullo, no que se alcanzou unha media dun 73,96%.

Os datos, segundo apuntaron desde a Apehl, “confirman a liña ascendente de negocio neste período”, que, “aínda que en anos anteriores xa ía en aumento, este ano logrou unha nova subida”.

NOVO PERFIL DE TURISTA: COREANOS E CHINESES

A Ribeira Sacra foi a zona da provincia con máis visitantes, xa que os seus establecementos tiveron de media un 93,2% de ocupación. No relativo a outros territorios, A Mariña e Lugo Centro estiveron ao 85%, a comarca da Terra Chá chegou a unha media do 66,36% e a Montaña quedou nun 40%.

En canto ao balance, os hostaleiros consultados coincidiron á hora de afirmar que “a maioría dos visitantes procedían de diferentes partes do propio territorio nacional”. Ademais, notaron que “está a aparecer un novo perfil de turista internacional chegado de Corea e China”.

ESTIMACIÓNS PARA A PONTE DE AGOSTO

Con respecto á próxima ponte de agosto -entre os días 15 e 18-, desde a Apehl xa avanzaron unha previsión segundo a cal se alcanzaría unha media de ocupación do 79,52% en todo o territorio provincial. Por comarcas, desde a asociación de hostaleiros auguran que A Mariña podería alcanzar o 95%; Lugo Centro, o 86,4%; a Montaña, o 55%; A Terra Chá, o 63%, e a Ribeira Sacra, o 98,2%.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...