InicioPolíticaO PP cre que o BNG é a "muleta" de Lara Méndez...

O PP cre que o BNG é a “muleta” de Lara Méndez ao “cambiar de postura” respecto do Garañón

Ramón Carballo critica que Rubén Arroxo votara en contra da proposta de acordo que el mesmo asinara en novembro de 2018. Por outra banda, no pleno de hoxe, aprobouse a proposta dun sistema de aparcamento rotatorio e de balde para os lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do grupo municipal do PP en Lugo, Ramón Carballo, lamentou o “cambio de postura” que tomou hoxe o BNG con respecto ao Garañón. Segundo o PP, os nacionalistas decidiron votar en contra do acordo que apoiaron hai uns meses, cando estaban na oposición.

Ramón Carballo lamenta que “agora que teñen un asento”, os representantes do BNG optan por “ser a muleta que precisa Lara Méndez” no que respecta ao Garañón. Rubén Arroxo “comeza a amosar a súa verdadeira cara” ao votar no pleno de hoxe en contra da proposta de acordo que el mesmo “asinou e apoiou” en novembro de 2018. Segundo os populares, isto confirmaría que ao BNG non lle importan os lucenses, senón “ter un soldo no Concello”.

Así pois, a negación da creación da Comisión Especial do Garañón significaría “limitar a participación dos grupos” e “vetar” unha comisión que xa existía no anterior mandato. Os populares consideran que esta situación non favorecerá que o Concello “tome cartas” na mellora da seguridade do Garañón. Estes riscos están á orde do día, din, porque se ten constancia de grupos de persoas que entran na infraestrutura.

SISTEMA DE APARCAMENTO

Por outra banda, Carballo amosou a súa satisfacción logo de que todos os grupos apoiasen a súa proposta de crear un sistema de rotación gratuíto de aparcadoiro. Cre que esta medida reducirá os constantes problemas que xorden ao tratar de aparcar en determinadas zonas de Lugo, como o casco histórico, A Milagrosa, Augas Férreas ou Fontiñas.

Dende o PP abordan varias alternativas para pór en marcha este sistema de aparcamento rotatorio. Pensan, por exemplo, nun sistema de lectura de matrículas, con discos indicadores da hora de chegada. “O que esta claro é que hai que atallar o problema, polo que se debería consensuar a estratexia a seguir na comisión do sistema ORA”, concluíu Carballo.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...