InicioSociedadeÉ posible implantar en Lugo un servizo de ORA gratuíto?

É posible implantar en Lugo un servizo de ORA gratuíto?

O PP municipal propón botar man de fondos europeos para municipalizar este sistema. Aseguran que facilitaría a mobilidade urbana e revitalizaría o comercio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O funcionamento do servizo da ORA en Lugo leva catro anos en suspensión, aínda que daquela se presentaba como unha medida temporal. Ante a “saturación” nalgunhas zonas de aparcamento, o grupo municipal do PP vén de explicar a que será a súa primeira iniciativa neste novo mandato: un sistema ORA de balde e de carácter municipal.

Foi unha das medidas que expuxo o voceiro dos populares, Ramón Carballo, na mañá deste martes 9 de xullo. Fíxoo acompañado dos concelleiros do PP, na terraza do hotel Méndez Núñez. En rolda de prensa, Carballo explicou cal será a estratexia a seguir polo seu grupo municipal no que resta de ano. Segundo dixo, sostense sobre tres piares. Un deles, quizais o que máis afecta á vida diaria dos lucenses, é esa proposta de establecer un sistema ORA de balde en zonas con “aparcamento saturado”.

En concreto, suxiren poñer en marcha un sistema de rotación gratuíto nalgunhas áreas, que virían determinadas por unha comisión creada especificamente para este asunto. Ademais, o PP tamén insta a retirar da vía pública as máquinas en desuso. Moitas delas están “desvalixadas” e dan unha “mala imaxe” da cidade, ademais de “dificultar a mobilidade”, segundo sinalou Ramón Carballo.

Para rematar co “abandono” deste servizo, en palabras de Carballo, a única opción positiva sería a de municipalizalo. Lembran que “hai fondos europeos para investir en materia de mobilidade e novas tecnoloxías”, axudas coas cales se poderían adquirir dispositivos de lectura de matrículas, tal como exemplifican.

Para eles, esta nova medida facilitaría non só a mobilidade, senón que tamén “revitalizaría o comercio” destas zonas. Por iso, cren que o PSOE e o BNG non poden opoñerse á súa proposta: “agora ten que ser o Goberno quen estea á altura”, pediu Carballo, que tamén fixo fincapé en que a cuestión da mobilidade era un punto fundamental nos programas electorais deses dous grupos que chegaron ao poder. Polo tanto, “terán que votar a favor”, expresou.

“Este bipartito acaba de chegar, pero xa é o segundo mandato da alcaldesa, Lara Méndez”, sostivo Carballo para xustificar que non gardarán “prazos de cortesía” para reclamarlles que se poñan a traballar. “Confeso que estamos preocupados”, engadiu. Referíase ás primeiras semanas do goberno, que el ve cheo de mostras de “demagoxia”, “non lealdade” e “desavinzas” internas. O popular aproveitou, tamén, para criticar o “vitimismo” da rexedora Lara Méndez, que leva consigo a “perda de oportunidades” para a cidade.

CONTACTO COA CIDADANÍA E CO PERSOAL DO CONCELLO

Así mesmo, o voceiro do PP local expuxo os outros dous puntos chave da súa folla de ruta. Por un lado, mencionou a necesidade de seguir favorecendo o contacto directo co persoal do Concello. A través deles pretenden coñecer as carencias a nivel de recursos humanos, organización e infraestruturas. Para iso, continuarán visitando todas as dependencias municipais nos próximos días. Por outra banda, avogan por facer extensible ese contacto cara á cidadanía. O PP de Lugo será, din, o nexo de unión para trasladar e denunciar posibles deficiencias.

 

ÚLTIMAS

Bye, Bye X, Lugo Xornal deixa esta rede social pola desinformación

Lugo Xornal, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou La...

Xorde unha petición en chance.org para que o Auditorio de Lugo leve o nome de “Fuxan os Ventos”

"Como habitante de Lugo, é importante para min que se valorice e se recoñeza...

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

A xustiza recoñece o plus de nocturnidade a unha xerocultora dunha residencia en Castro Ribeiras de Lea

O Xulgado do social número 1 de Lugo recoñeceu o dereito dunha gerocultora da...