InicioSociedadeO PP propón crear unha delegación da Policía Local na Piringalla

O PP propón crear unha delegación da Policía Local na Piringalla

Esta medida incrementaría a "proximidade" do servizo respecto dos cidadáns. Neste mesmo sentido, tamén piden que se axilicen os trámites para implantar unha unidade administrativa no resto da cidade, xa que a de San Fiz queda algo lonxe "para a maioría dos lucenses".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Ramón Carballo, propón ao goberno local desdobrar a Policía Local de Lugo e crear unha delegación na Piringalla. Agora que semella que se lle vai dar o pulo definitivo á biblioteca da Piringalla para convertela nun centro sociocultural, poderían aproveitar para abrir alí unhas dependencias da Policía Local, suxiren os populares.

A posta en marcha dunha delegación da Policía na zona norte da cidade é unha vella demanda do Partido Popular, segundo asegurou Ramón Carballo. “Estamos ante a ocasión perfecta” para levalo adiante. “O único que pedimos é que a alcaldesa dea cumprimento ao acordo plenario de novembro de 2015, a iniciativa do PP, no que se acordou descentralizar o servizo”, recalcou o voceiro popular.

Consideran que a descentralización do traballo da Xefatura de San Fiz provocará unha maior proximidade respecto dos cidadáns. Non solicitan “unha obra faraónica”, senón aproveitar este impulso que se lle pretende dar á biblioteca da Piringalla e dirixilo a ofrecer máis recursos aos cidadáns. Se se crea esta nova instalación, di Carballo, os axentes estarían mellor preparados para respostar ás necesidades da cidadanía, porque poderían seguir os conflitos diarios de maneira máis inmediata. 

UNIDADE ADMINISTRATIVA NO CENTRO

Por outra banda, Ramón Carballo tamén lembra a outra parte do acordo do 2015: a creación dunha unidade administrativa no centro da cidade que servise para realizar diferentes trámites, como a solicitude de autorización de vehículos para acceder ao casco histórico ou a recollida de obxectos perdidos. Sería a maneira de achegar un servizo que “para a maioría dos lucenses está moi lonxe dende que se inauguraron as novas dependencias de San Fiz”.

O PP presentará un rogo á comisión correspondente para tratar de axilizar a materialización deste acordo plenario que, din, será positivo para todo Lugo.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...