InicioSucesosUn condutor implicado nun accidente en Lugo quintuplicaba a taxa de alcol

Un condutor implicado nun accidente en Lugo quintuplicaba a taxa de alcol

O suceso ocorreu na confluencia das rúas Pintor Seoane e Tino Grandío o pasado 24 de xullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Un condutor implicado nun accidente de circulación na cidade de Lugo quintuplicou a taxa de alcol permitida tras ser sometido ao correspondente control por parte da Policía Local.

Segundo informou a Policía Local, o accidente produciuse na confluencia das rúas Pintor Seoane e Tino Grandío, ao redor das 20:00 horas do pasado mércores, día 24 de xullo.

A Unidade de Atestados da Policía Local realizoulles aos condutores implicados no sinistro a proba de alcoholemia e un deles deu un resultado positivo de 1,18 miligramos por litro de aire expirado, case cinco veces máis do permitido pola lei. Os axentes instruíron dilixencias para o Xulgado de Garda por un delito contra a seguridade viaria. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...