InicioPolíticaO PP agarda xestionar os mesmos recursos ca no anterior mandato da...

O PP agarda xestionar os mesmos recursos ca no anterior mandato da Deputación

Elena Candia fai un chamamento á "coherencia" e "proporcionalidade" por parte do goberno bipartito, formado polo PSOE e o BNG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, espera que o goberno bipartito da Deputación de Lugo (PSOE e BNG) faga gala de “proporcionalidade” á hora de acordar a organización  de funcións. Lembra que o PP ten os mesmos deputados ca no anterior mandato -doce, a só un da maioría absoluta-, polo que confía en manter, polo menos, os mesmos recursos para realizar o seu traballo na oposición.

Á espera de que sexa convocado formalmente o pleno de organización —que segundo informou o presidente da institución, José Tomé, será o próximo 30 de xullo— , Candia espera a chamada do goberno provincial para “escoitar” a súa “proposta”. En todo caso, pide “coherencia” nesa distribución de recursos que xestionarán todos os grupos, tanto no goberno como na oposición.

Ademais, precisou que no propio pacto de goberno, ambos socios afirman que todos os grupos políticos con representación na corporación provincial disporán dos “medios adecuados” para “facer o seu traballo”. “Nós asistiremos á reunión, cando nos chamen, da forma máis construtiva e positiva posible”, resolveu en declaracións a EFE.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...