InicioPolíticaO BNG municipal quere "poñer a funcionar" o Concello

O BNG municipal quere “poñer a funcionar” o Concello

Rubén Arroxo, que pasa a ser tenente de alcalde, aposta por un "goberno de cambio" e por "recuperar o orgullo" de ser deste municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo vén de constituírse oficialmente este mesmo martes 2 de xullo. O que pasa a ser tenente alcalde do Concello, Rubén Arroxo (BNG), aproveitou para deixar claras as intencións do grupo que lidera: queren “que o Concello se poña a funcionar”.

As concelleiras e concelleiros do BNG incorporáronse hoxe aos labores de goberno municipal, segundo o decreto de adscrición de competencias que se asinou e que lle designa a cada un dos cinco edís electos unha responsabilidade. Nesta data, Rubén Arroxo lembrou o compromiso que manteñen coa cidadanía logo dos comicios do 26 de maio. “O BNG temos a obriga de cumprir o mandato que nos deron os veciños; unha obriga que é a de crear un goberno de cambio que leve adiante a solución a todos eses problemas dos que se leva falando tanto tempo”, aclarou.

Incidiu, tamén, na necesidade de “recuperar o orgullo de ser do Concello de Lugo” e, especialmente, no que fixan como o seu principal obxectivo: “que se poña este concello a funcionar”, logo de pasar “tanto tempo” nunha situación “moi mellorable”.

As persoas do BNG que pasan a formar parte do goberno municipal son: Felipe Rivas, concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento; Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza; Alexandre Penas, edil de infraestruturas; Maite Ferreiro, responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua; e o propio Rubén Arroxo, tenente de alcalde e responsable da Área de Infraestruturas e Mobilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

FAPACEL denuncia a “desatención” do alumnado con necesidades especiais pola falta de coidadores

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL)...

Produtiva reunión entre Xunta e Deputación de Lugo: “Saio con sensación moi positiva”, di a presidenta

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, mantivo este mércores pola tarde unha...

O SLG denuncia o peche de 1.500 granxas de leite en catro anos

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará este venres, 27 de marzo, o seu...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...