InicioDeportesVolve Tete Morente a unha convocatoria do Club Deportivo Lugo

Volve Tete Morente a unha convocatoria do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O extremo diestro Tete Morente, despois de superar a súa lesión, é a principal novidade do Club Deportivo Lugo de 20 futbolistas para competir o domingo contra o Extremadura U.D. no estadio Francisco de la Hera ás 20 horas. Os lucenses viaxaron este mediodía cara Almendralejo. Ademais, o mediocentro canteirán Álex Rey tamén forma parte da lista, así coma o lateral dereito Gerard Valentín e o lateral esquerdo Luis Ruiz despois de cumprir sendas sancións.

O dianteiro Manu Barreiro é baixa por sanción, así coma o central zurdo “Josete” Malagón, o lateral dereito Serge Leuko e o mediapunta Antonio Campillo por lesión, mentres que o lateral esquerdo Orest Lebedenko será ausencia por decisión técnica.

Lebedenko tamén se perderá a derradeira xornada por ser convocado coa selección absoluta de Ucraína.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...