InicioLugo e contornaLugoCompetencia pola esquerda en Lugo: Podemos e EU fronte a Lugonovo

Competencia pola esquerda en Lugo: Podemos e EU fronte a Lugonovo

O escenario de división na esquerda lucense podería acentuarse coa entrada de Podemos na candidatura de Esquerda Unida

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo foi a única das grandes cidades na que non cimentou o pacto de formacións nacionalistas e de esquerdas que deron lugar ás mareas municipais nas pasadas eleccións de 2015. Entón, Equerda Unida quixo ir por libre e non se integrou en Lugonovo. Finalmente, as dúas formaciónsconseguiron presesentación; Lugonovo con tres edís e ACE-EU (Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida) con un.

E este escenario podería repetirse para as eleccións municipais do vindeiro ano pero cun marco aínda máis polarizado, xa que Podemos podería entrar directamente na lista de ACE. Así o deu a enteder este martes o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez.

Nunha rolda de prensa, Pérez explicou o pacto acadado por Podemos, Izquierda Unida e Equo que implica levar o nome destas tres formacións nas siglas. Un acordo do que deixaron excluídas as distintas mareas locais, á excepción das que consideran “consolidadas”, é dicir, aquelas que gobernan nas grandes cidades como Compostela Aberta, Marea Atlántica ou Ferrol en Común.

Con todo, Rubén Pérez indicou que Esquerda Unida negociará en cada concello a configuración das candidaturas de “unidade popular”, pero “respectando a realidade preexistente” das mareas muncipalistas. Con todo, naqueles lugares onde “non hai esa unidade popular”, Esquerda Unida pretende “aproveitar” as súas candidaturas “xa existentes” para incorporar “aos compañeiros de Podemos”.

Carlos Portomeñe, de ACE – EU, con Rubén Pérez e Yolanda Díaz nun congreso do Partido Comunista / EP

O exemplo de ACE

Neste caso, puxo como exemplo disto último a cidade de Lugo, onde, por unha banda existe Alternativa Cidadá de Esquerdas (ACE) –no que se integra Esquerda Unida–, e por outro está Lugonovo –proxecto municipalista próximo a En Marea–. “Alí onde temos construídos espazos de unidade popular, onde hai espazos consolidados que nos representan a todos, alí onde queira estar Podemos e EU; alí estaremos conxuntamente cos compañeiros de Anova, de Marea Atlántica, etc. Aí é onde imos estar”, remarcou.

Pouco despois, a líder de Podemos en Galicia, Carmen Santos avisaba que o pacto asinado en Madrid só deixa autonomía ás “marcas consolidadas”; as de Compostela, A Coruña e Ferrol. O resto, debería incluír a marca de IU e de Podemos nas siglas. Seguindo a súa teoría, ACE debería incluír tamén a marca Podemos e pasar a denominarse ACE-EU-Podemos.

Así as cousas, Podemos Galicia anunciou que celebrará primarias a finais deste ano para escoller as súas listas de candidatos para cada municipio. A continuación, estas terían que ser incluídas nas candidaturas de confluencia, ben a través de “acordos” ou pola celebración dunhas novas primarias para as listas definitivas nas que concorrerían o resto de forzas.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...