InicioLugo e contornaLugoDetidas varias persoas en Lugo no marco dunha operación contra o branqueo...

Detidas varias persoas en Lugo no marco dunha operación contra o branqueo de capitais

Figuran familiares do histórico narcotraficante de Cambados Juan Carlos Fernández Cores, alias 'O Parido'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sete persoas foron detidas en Galicia, concretamente en varias localidades da provincia de Pontevedra e en Lugo, no marco dunha operación contra o branqueo de capitais coordinada pola Audiencia Nacional.

En declaracións aos medios en Brión, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicou que a chamada operación Arco, que segue aberta e sobre a que se decretou o segredo das actuacións, afecta a outros puntos do territorio nacional. O número total de detidos elévase a dez.

Entre os arrestados nesta operación figuran familiares do histórico narcotraficante de Cambados Juan Carlos Fernández Cores, alias ‘O Parido’, quen está actualmente en prisión.

Ademais das detencións, practicáronse rexistros en Lugo, Pontevedra, Vigo, Nigrán, Cambados, Sanxenxo, A Cañiza e tamén en Portugal, concretaron a Efe fontes da investigación. Nestes rexistros, a Policía interveu numerosa documentación, bens inmobles e dúas armas, detallan as fontes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...