InicioLugo e contornaLugoCandia chama a analizar os resultados con "contundencia" e "asumir responsalidades"...

Candia chama a analizar os resultados con “contundencia” e “asumir responsalidades” tras as municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, considerou que se deben “asumir responsabilidades” tras os resultados da elección xerais, onde os ‘populares’ rexistraron os peores resultados da súa historia, aínda que pospuxo esta análise ata despois das municipais do 26 de maio.

“Entramos neste momento nunha etapa onde todo o mundo está a traballar cos equipos e cos programas locais e creo que toda esa análise que se debe de facer, con moito realismo e contundencia, debe de esperar ao 26 de maio”.

A provincia de Lugo foi unha do catro onde se impuxeron os ‘populares’, aínda que cunha porcentaxe significativamente máis baixo que en eleccións anteriores e co PSOE a menos de 800 votos.

A presidenta popular sinalou que agora “non” se debe de “perder ningún esforzo no traballo xa iniciado hai meses” e que se alterou coa convocatoria de eleccións xerais. “Pero non debemos de desviar a atención”, matizou

Hai proxectos que levan catro anos construíndose, e agora temos que facer un último esforzo para explicarllo á xente. A partir de aí tocará analiza e asumir responsabilidades obviamente e facer a valoración que corresponda, facendo autocrítica que é normal que se faga despois duns malos resultados”, concluíu

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...