O PSOE arrebatou o primeiro posto ao PP en 99 concellos de toda Galicia nos comicios celebrados este domingo 28 de abril nos que, ademais, gañou en todas as cidades e por primeira vez desbancou da súa hexemonía aos populares en toda a Comunidade.
Os resultados electorais supuxeron tamén para o PP a perda de 108 maiorías absolutas en toda Galicia con respecto aos comicios xerais de 2016, tal e como revela a análise de datos do domingo electoral realizado por Europa Press. E desta situación non se libra Lugo.
De feito, o PP só conserva a maioría absoluta en oito concellos lucenses, mentres que o PSOE foi o máis votado noutros 25 concellos. Ademais, os socialistas lograron dúas maiorías absolutas; conservan a de Pedrafita e suman unha nova, a de Ribeira de Piquín. Dáse a circunstancia de que neste municipio Vox –que lidera Santiago Abascal– situouse como terceira forza política.
O PSOE
Así, en Lugo (con 67 concellos), o PSOE arrebata ao PP o primeiro posto en 23 localidades: A Fonsagrada, A Pontenova, Alfoz, Burela, Castroverde, Cervantes, Cervo, Foz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, O Valadouro, Ourol, Pol, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sarria, Trabada e Viveiro.
O PP perde a maioría absoluta en 28: A Pastoriza, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Bóveda, Castro de Rei, Cospeito, Folgoso do Courel, Meira, Monterroso, Muras, O Incio, O Páramo, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Portomarín, Riotorto, Samos, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela e Vilalba.
Neste último, no que naceu o fundador do partido Manuel Fraga, expresidente da Xunta e exministro de Franco, o resultado deste domingo é o primeiro sen maioría absoluta nunhas xerais, despois de alcanzar porcentaxes de voto superiores ao 70% (en 1993 e en 2000) e tras caer ao 40,24% dos apoios. O PP conserva a maioría absoluta en oito concellos: Abadín, Begonte, Carballedo, Friol, Guntín, Palas de Rei, Paradela e Quiroga.
Ciudadanos
POla súa banda, Cs, que en toda Galicia foi cuarta e obtivo dous deputados pola Coruña e Pontevedra –Marta Rivera e Beatriz Pino, respectivamente–, conseguiu ser terceira forza en Lugo nun total de 17 concellos dos 67 concellos.